A primaveira non nos pasou desapercibida, benvida a nosa residencia de Ordes!!
Ao longo deste mes de marzo na Residencia de Maiores de Ordes seguimos adiante co noso particular club de lectura. Ademais das diferentes actividades que cada día levamos a cabo dentro da propia residencia, tamén decidimos facer unha visita á biblioteca do Concello de Ordes onde nos recibiu moi calorosamente a súa bibliotecaria Ana. Falamos, rimos, lemos e pasamos unha mañá innolvidable.
Por outra parte, decidimos celebrar a chegada da primavera e organizamos diversos talleres, denominados talleres primaverais, para os meses de marzo, abril e maio. O noso primeiro taller primaveral desenvolveuse durante este mes e centrouse na elaboración dun dos símbolos por excelencia da primavera: as flores. Benvidas sexan elas e a primavera.